Socios

A Madeira

Acceso



anuncios varios

CURSOS DE FORMACIÓN. (11-XUÑO-2013)

ATACARMA, en colaboración con Boniformalia Formación, organiza un curso de Riscos Laborais de 6 horas de duración, específico para carpintería que se celebrará o vindeiro  sábado 15 de Xuño de 2013 no Forum de Carballo.

O horario do mesmo será desde as 8:30 horas ate as 14:30 horas nas aulas de carpintería da Escola Taller.

As persoas interesadas deberán contactar co técnico de formación, Emilio Lebón no teléfono 627 174 877 ou coa directiva de ATACARMA no teléfono 981 732 849.

Este cursillo é válido para sumar á formación da TPM.

 

Un saudo.

 

RENOVACIÓN DA XUNTA DIRECTIVA.  (23-Maio-2013)

O mandato da actual Xunta Directiva remata o 31 de Maio de 2013. Polo tanto, toca a renovación do órgano de goberno da Asociación.

A tal efecto ábrese o prazo para a presentación de candidaturas para formar a nova xunta directiva da Asociación. Os interesados deberán comunicar por escrito a composición das futuras listas, ou no seu caso a disposición a formar parte das mesmas, antes do venres 14 de Xuño de 2013, con de organizar unha asamblea xeral no mes de Xuño e proceder á votación para a sua aprobación.

 

DEMOSTRACIÓN DE MAQUINARIA.  (23-Maio-2013)

Clamagal invita ós socios de ATACARMA á xornada de portas abertas que terá lugar os días 31 de Maio (venres) de 09 a 20 horas e o 01 de Xuño (sábado) de 09 a 14 h, nas súas instalacións da rua Curros Enriquez nº 27 baixo, O Temple. A Coruña.

Teléfono.- 981 639 220

Haberá demostración de maquinaria, promocións, etc

 

SERVIZO DE ASESORÍA ENERXÉTICA. (23-Maio-2013)

Juán José Vieites García, comercial da empresa SOLINTEL e asociado de ATACARMA (O Carpinteiro Vieites) ofrece os servizos da Asesoría Enerxética Solintel e diversos productos mais. En datas proxima poñeráse en contacto coas personas interesadas en obter mais información sobre consumos de electricidade e tarifas.